@pcgaldo Conste que valoro moi ben que, polo menos, exista a alternativa. E ofrece algunha cousa que o Kahoot na versión de balde non ofrece. E máis sabendo que ten detrás practicamente a unha única persoa!
Pero é certo que non está á altura, e aínda queda lonxe, da alternativa comercial na que se inspira: ten bugs, visualmente é moito menos atractivo e a experiencia de uso non é moi fina. Porén, poida que mellore nun futuro. Agradecido, en calquera caso, do traballo que ten detrás!