@pcgaldo Concordo totalmente co que dis.
Por ver o positivo: eu comecei como docente en Castela e León, onde usabamos as aplicacións de Microsoft (correo, nube, ofimática...) co gasto económico e risco para os datos persoais do alumnado que iso implica.
Aquí, polo menos, temos ferramentas propias e alternativas libres, mais non son nin moi coñecidas nin amplamente usadas (malia que temos un Nexcloud "propio", moita xente emprega Google Drive para almacenar datos persoais do alumnado, p. ex.).